Servizos

Saber máis

Galerías

Quero participar

banner-web-Alento-2026

/ Prestación de servizos de márketing e comunicación para emprender

Qué é ALENTO?

Un programa que consiste nun catálogo de servizos que permite á comunidade empredendedora acceder a distintas solucións en márketing e comunicación profesionais que serán executadas por empresas/profesionais expertos vinculados ao Clúster da Comunicación de Galicia.

Cal é o plan?

Permitir ás persoas emprendedoras acceder a distintos servizos de márketing e comunicación GRATUITOS co fin de axudalas a impulsar os seus proxectos de emprendemento, facilitar a conexión cos seus clientes e crear marcas que aporten valor aos mesmos potenciando así a xeración de empresas máis forte e sostibles.

Quen está detrás?

O programa ALENTO é unha iniciativa promovida polo Clúster da Comunicación de Galicia, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco dun convenio de colaboración entre ambas entidades. O seu obxectivo é impulsar o crecemento e a consolidación de proxectos emprendedores, a través do fortalecemento da súa comunicación, visibilidade e estratexia de marca, elementos clave para avanzar nun mercado cada vez máis competitivo.

A quen vai dirixido?

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios dos servizos ALENTO as iniciativas emprendedoras entendendo como tales a: persoas autónomas ou pequenas empresas (de orixen galega), que realicen unha actividade económica en calquera sector.

Requisitos

Hai que ter en conta no momento da solicitude do servizo:

● A actividade debe estar legalmente dada de alta e en activo.

Máximo de 42 meses de actividade económica.

● Ter a condición de persoa usuaria dalgún dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia no momento de presentación da solicitude.

** No caso de non ser usuario/a da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, as persoas interesadas poderán acudir ao Polo máis próximo para solicitar a súa alta antes da presentación da solicitude: VER POLOS

** Os proxectos beneficiarios do programa ALENTO 2024 e 2025 non poderán participar na convocatoria ALENTO 2026.

** A presentación da solicitude non supón a concesión automática do servizo.

Liñas prioritarias

Terán especial consideración aqueles proxectos empresariais vinculados á Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, que destaquen pola súa innovación e/ou emprego da tecnoloxía, pola súa localización en zonas rurais ou semiurbanas ou pola súa vinculación con ámbitos estratéxicos como o Mar-Agro, Comercio-Turismo ou Bioeconomía-Recursos naturais.

Como xurde?

Obxectivo

O obxectivo principal de calquera persoa emprendedora é VENDER e facelo do xeito máis rendible e sostible.

Pero para conseguir este desexable obxectivo, nun mercado altamente competitivo e cambiante como o actual onde a oferta supera a demanda na maioría dos casos e a taxa de mortandade das empresas de nova creación nos primeiros 5 anos está preto do 62%, calquera persoa emprendedora debe ser capaz de xerar valor ao cliente centrándose na satisfacción das súas necesidades e en presentar unha oferta diferenciada no mercado.

Diferenciación

Deste xeito, buscar novas canles de comercialización, novos públicos obxectivo, mellorar o valor percibido dos produtos e servizos, promocionalos ou saber establecer conexión cos clientes, son algúns dos desafíos aos que debe enfrentarse toda persoa emprendedora para conseguir unha oferta diferenciada e rendible.

Así o papel do márketing e a comunicación é fundamental no ámbito do emprendemento xa que pon a disposición destas novas empresas ferramentas e técnicas que lles permite construir marcas fortes, diferenciadas e sostibles.

Solución

Así é como xurde ALENTO_Impuso á comunicación para emprender, un programa que consiste nun catálogo de servizos que permite á comunidade empredendedora acceder a distintas solucións en márketing e comunicación profesionais que serán executadas por empresas/profesionais expertos vinculados ao Clúster da Comunicación de Galicia.

Procedemento

● As iniciativas emprendedoras que cumplan co perfil de posibles beneficiarios, poderán presentar a súa solicitude en QUERO PARTICIPAR.

Seleccionar entre os 10 servizos ALENTO aquel que consideras que pode impulsar ou aportar máis valor o teu proxecto. VER SERVIZOS ALENTO.
Unha mesma iniciativa emprendora só pode optar a un servizo ALENTO.

Escoller entre a base de EMPRESAS ALENTO (empresas vinculadas ó Clúster da Comunicación de Galicia) aquela que desexarías que che prestara o servizo escollido.

Cubrir o FORMULARIO de inscrición do Programa Alento. Tras o envío do formulario, deberás ver unha mensaxe na pantalla conforme o formulario foi enviado con correctamente.

● No momento da inscrición, solicitarase o documento que acredite a data de alta  na actividade económica da iniciativa emprendedora: Certificado de situación censal actual (maio/xuño 2026).

● Os proxectos presentados serán valorados en función da calidade e solidez da proposta empresarial, o grao de innovación e uso da tecnoloxía, a identificación dunha necesidade real de mercado, a súa viabilidade técnica e financeira e o potencial de xeración de emprego. Tamén se terá en conta a localización do proxecto, a súa vinculación con sectores estratéxicos e o uso eficiente dos recursos do programa, co obxectivo de optimizar o número de iniciativas beneficiarias. Os proxectos con maior valoración recibirán os servizos solicitados ata esgotar o orzamento dispoñible desta edición.

● A aprobación do Servizo Alento ou a súa denegación, será comunicada o mesmo correo electrónico que se indicou na solicitude.

● No caso de aprobación do Servizo Alento, será tamén confirmado, vía correo electrónico, a dispoñibilidade da empresa elexida para a prestación do servizo.

O persoal técnico poderá solicitar información complementaria sobre os proxectos empresariais solicitantes do servizo Alento e deberá ser atendida dentro do prazo que a organización estableza. A falta de resposta poderá ser motivo de exclusión do proceso.

● A falta de atención á información requirida ou demoras significativas pode supoñer a anulación do servizo concedido.

Prazo de solicitudes: do 20 de maio ata o 10 de xuño de 2026, ambos inclusive. (**)

* Os proxectos beneficiarios do programa ALENTO 2024 e 2025 non poderán participar na convocatoria ALENTO 2026.

(**) Actualización do prazo de solicitudes: amplíase ata o mércores 17 de xuño.

QUERO PARTICIPAR

Ir

ALENTO LIVE

XORNADA DE PRESENTACIÓN Programa Alento 2026
15 de Xuño
Problemas reais. Solucións reais.

Máis info