Servizos

Saber máis

Galerías

Quero participar

Política de protección de datos

Información básica sobre a protección de datos persoais

Responsable do tratamento
Xunta de Galicia. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Cluster da Comunicación de Galicia (ver información completa deste responsable na Política de Privacidade publicada ó pé das páxinas do sitio web desta entidade: https://www.clustercomunicacion.gal/es/)

Finalidades
Xestión do Programa ALENTO. A maiores, no caso da Xunta, envío de información e de comunicacións relativas ás actividades de xestión de políticas activas de emprego e emprendemento.

Lexitimación para o tratamento
Polo que atinxe á Xunta de Galicia, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable (artigo 6.1, letras c) e e), do RXPD, e 8 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais). En concreto, a competencia e as obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

No tocante ó Cluster, constitúe a base legal do tratamento dos datos persoais dos interesados en participar neste programa, a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo esta asociación; isto é, servir ós fins que contemplan os seus estatutos, dende o respecto a calquera outro interese e dereitos e liberdades fundamentais do interesado que requiran a protección dos seus datos persoais.

Destinatarios dos datos
os datos persoais achegados a medio do presente formulario serán cedidos á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Exercicio de dereitos
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto coa persoa delegada de protección de datos da Xunta de Galicia e máis información
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

No caso do Cluster poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado segundo o indicado na Política de Privacidade do Cluster (https://clusterecommercegalego.gal/politica-de-privacidade/)